Fragas do Eume. Rutas dos Cerqueiros e Pena Fesa - 29 maio 2021 - Roteiros Galegos

Описание к видео Fragas do Eume. Rutas dos Cerqueiros e Pena Fesa - 29 maio 2021 - Roteiros Galegos

Descrición da ruta ➡️ https://roteiros.gal/fragas-do-eume-r...
Achegámonos ao concello de Monfero para facer un interesante percorrido polo parque natural Fragas do Eume. A ruta vai por dous dos itinerarios oficias do parque: a ruta dos Cerqueiros e a de Pena Fesa, deste xeito mesturamos diferentes paisaxes e hábitats.
Na primeira veremos zonas de pastos e certa actividade gandeira alternada con fermosos bosques con abondosa vexetación autóctona e incluso nos achegaremos á beira do encoro para ver a paisaxe.
Na segunda imos por zonas mais altas onde poderemos ver grandes extensións de matogueiras, alternando con pequenas fragas e zonas de pasto. Ao chegar ao cumio de Pena Fesa gozaremos das vistas panorámicas que hai sobre unha grande extensión da provincia da Coruña.
A ruta transcorre por pistas e camiños cómodos en xeral, aínda que en caso de chover moito pode haber lama nalgúns puntos.
Lonxitude: 19 km
Dificultade: baixa-media

Комментарии

Информация по комментариям в разработке