Alalá nº 48 "Juanjo Fernárndez" - TVG

Описание к видео Alalá nº 48 "Juanjo Fernárndez" - TVG

ALALÁ Nº48 - Juanjo Fernárndez
Emisión na Televisión de Galicia: 24 de abril de 2007

A historia do Alalá desta noite é a dun mozo que naceu en Madrid. Alí creceu cos seus amigos tocando a guitarra ou indo a ve-lo fútbol ó Santiago Bernabeu. Sen ningún tipo de vínculo con Galicia aquel mozo fixo 19 anos e tivo que ir facer o servizo militar a León. Alí a vida de Juanjo Fernández cambiou para sempre o día que pediron no cuartel alguén que tuvera algo de formación musical para acompaña-la banda de cornetas e gaitas nunha xura de bandeira. Daquela Juanjo xa tiña algúns coñecementos musicais e ofreceuse para facer soar aquel instrumento galego que se tocaba parecido á frauta. O que non sabía é que no momento no que puxo a gaita enriba do ombreiro a súa vida ía pegar un xiro de 180 grados.

Despois de remata-lo servizo militar Juanjo Fernández volveu a Madrid, pero en pouco tempo foi olvidando as cordas da guitarra, substituíndoas polo punteiro da gaita. Eran os anos 80 e facíase raro ver un rapaz polas rúas de Madrid cunha gaita ó lombo. Case sen darse conta foi facendo da gaita a súa forma de vida. Como músico de rúa tocou por moitos recunchos do mundo, Madrid, Barcelona, París… pero a Juanjo faltáballe algo e canto máis tocaba máis quería tocar. Tres anos despois de da-la súa primeira nota aquel mozo decidiu deixalo todo en Madrid e vir a Galicia para cumplir o soño que o alimentaba dende que saíu da mili: ser gaiteiro.

Hoxe en día despois de 25 anos en Galicia, Juanjo Fernández é un dos principias investigadores sobre música tradicional da nosa terra e unha das figuras máis importantes no descubrimento do ancestral “toque pechado”, unha forma de toca-la gaita á que Juanjo dedicou boa parte da súa vida e as súas investigacións incansables por todo Galicia. Rodeado de amigos e coa familia en Lugo, Juanjo Fernández dá clase de gaita e séntese galego, algo imposible de negarlle a un home que loitou toda a vida para vivir coma galego e converterse nun dos mellores gaiteiros de Galicia

Комментарии

Информация по комментариям в разработке