Alalá nº 63 Músicas Completas de "Os Terribles de Donas" - TVG

Описание к видео Alalá nº 63 Músicas Completas de "Os Terribles de Donas" - TVG

Músicas completas de "Os Terribles de Donas" para Alalá nº 63

Se o primeiro disco de "Os Terribles de Donas" recibía o nome de Abrollido por ser este o lugar da parroquia de Donas onde renaceu e "abrollou" o grupo ensaio a ensaio, neste segundo quixemos "viaxar" pegados á terra sen saír da parroquia facendo unha homenaxe a un dos lugares sen dúbida máis espectaculares e emblemáticos do Val Miñor e probablemente de Galicia enteira: Pedra Moura e o seu castro no monte das Pinceiras. O lugar da Pedra Moura representa a Galicia máxica e misteriosa coa lenda asociada na que unha fermosa e misteriosa dama se peiteaba polas noites, quedando ese peite gravado na propia pedra, tamén os petroglifos que alí se atopan e o espectacular castro en plena recuperación actual, representan a Galicia histórica, a cultura castrexa. Todo isto nun marco xeográfico sen igoal dominando o parque natural das illas Atlánticas, a costa do Val Miñor e das Rías de Vigo e Pontevedra. Este espectacular pasado entorno á Pedra Moura estase a reconstruír tamén pedra a pedra porque a reconstrución do pasado no presente garante un futuro propio froito da nosa singular historia. Do mesmo xeito a música tradicional de "Os Terribles de Donas" recolle unha tradición e unha historia propia e singular que estamos reconstruíndo no presente para ter tamén un futuro propio no que a nosa singularidade teña cabida no mundo como algo distinto e apreciable. Poderiamos dicir que todos nacemos cunha "pedra" nas mans, algúns usan esa pedra coma unha arma, outros a póñena onde cadra sen ter en conta o sitio que lle correspondería, outros usamos esa pedra para proxectar o pasado no presente honrando e respectando aos nosos devanceiros e deixándolles aos nosos fillos un mundo mellor e máis valioso no que poder agromar porque as raíces están coidadas, porque os alicerces foron respectados... O simbolismo, a historia e o Patrimonio que representan a Pedra Moura os seus petroglifos e o seu castro son paralelos ó traballo de "Os Terribles de Donas " na música tradicional no chamado patrimonio inmaterial, nós temos moi claro onde colocar as nosas pedras. . O topónimo de Pedra Moura é bastante común en distintos lugares de Galicia e Portugal o que tamén enmarca a nosa proposta na pertenza a unha cultura singular, Os Terribles de Donas tamén teñen as súas raíces e historia entre Galicia e Portugal como as distintas referencias á Pedra Moura. Pedra Moura é tamén unha homenaxe a todos aqueles que usaron e usan as súas pedras para conseguir que a nosa cultura e a nosa terra sigan sendo únicas.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке