Alalá nº 214 "Música de Galicia. Especial dende Allariz" - TVG

Описание к видео Alalá nº 214 "Música de Galicia. Especial dende Allariz" - TVG

Canle temática de Alalá: http://alala.crtvg.es
Alalá nº 214 "Música de Galicia. Especial dende Allariz" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 07/08/15

O Museo do Coiro de Allariz será escenario
dunha extraordinaria xuntanza de artistas.

Tres propostas ben diferentes que amosan o mellor da tradición musical galega: Treixadura con Cantigas e Agarimos, Radio Cos e Davide Salvado.

Neste programa especial de cen minutos de duración repasaremos a situación actual da tradición musical galega a través de tres propostas moi diferentes e de extraordinaria calidade. A visión que teñen da tradición Treixadura, grupo que estará acompañado polo coro Cantigas e Agarimos; Radio Cos e Davide Salvado. Mediante entrevistas con eles e a través das súas actuacións descubriremos a maneira na que entenden hoxe a música tradicional, o xeito en que evolucionaron nas súas propostas artísticas e como ven o futuro da tradición.

Treixadura ven de celebrar o seu 25 aniversario como grupo cun disco gravado durante un concerto no Teatro García Barbón de Vigo no que estiveron acompañados por Cantigas e Agarimos. Durante o programa interpretarán algúns dos temas recollidos neste traballo, que amosan a súa evolución como grupo, desde que naceron como gaiteiros con ganas de facer moita festa ata que incorporaron as voces do Orfeón para converterse nunha das agrupación con maior éxito do país.

Outro dos grupos máis aplaudidos da actualidade musical galega é Radio Cos, encabezado polas voces e a percusión de Quique Peón e Xurxo Fernandes e coa mestría musical de Pedro Lamas coa gaita e o saxofón, Nicolai Velikov co violín e Xan Pampín co acordeón. Interpretarán temas do seu primeiro disco, unha proposta orixinal e chea de enerxía e amor pola terra, froito de anos de traballo a pé de campo e coa que queren chamar a atención sobre a falta de visibilidade da nosa música tradicional.

Davide Salvado está tamén a presentar o seu novo disco: Lobos. A voz de Davide soará en Allariz acompañada pola batería de Carlos Freire e o acordeón de Santi Cribeiro, noutra demostración de virtuosismo e arte. Davide tamén falará das sús crenzas musicais e da débeda que sente coas mulleres das aldeas, das que aprendeu a cantar e a tocar a pandeireta.

Комментарии

Информация по комментариям в разработке