Roteiros Galegos 2018

Описание к видео Roteiros Galegos 2018

Nestas datas é o momento para botar a vista atrás, para percorrer coa memoria o camiño andado desde xaneiro ata hoxe. Un camiño marabilloso e ilusionante que en Roteiros Galegos completamos de vagar. Máis de 200 fotos queren amosar como foi este 2018 que deixamos atrás na vosa compaña.
Foi un ano repleto de cambios e de novidades, empezando polo cambio de imaxe na nosa bitácora.
Tamén estamos moi contentos porque este 2018 foi un constante ir e vir de andainas por toda Galicia. Rematamos o Camiño Miñoto e dos Arrieiros, tamén completamos o Camiño dos Faros, e tivemos rutas ben bonitas como a do Monte Faro ou a do Camiño da Amargura, ou o descubrimento da praia de Teixidelo, por sinalar tres.
Pero tamén saimos de viaxe: Portugal, Cantabria, a estadía de verán en Euskadi na que poidemos saborear tanto a costa do flycht de Zumaia como o interior Aiako Harria ou o Monte Urkiola, Burgos ou a máis cercana León, coas marabillosas andainas por Babia, a subida ao Catoute ou ao Teleno, foron lugares que non nos deixaron indiferentes.
É un pracer, unha honra e un luxo compartir un ano máis o vídeo, no que deixo moitas imaxes no caixón (desta vez máis de 600!), e no que pretendo pór cara aos verdadeiros protagonistas dos roteiros! Rir, falar, comer, camiñar, amar… diso é do que vai o conto!
Agardamos un 2019 tan exitoso e esperanzador como este ano que remata. Grazas por acompañarnos durante todo este ano e desexámosvos un feliz ano novo.Vémonos no 2019!
Saúde e terra!

Комментарии

Информация по комментариям в разработке